En pasados días tiven a oportunidade, xunto con Loly Lago (mestra de mestres bibliotecarios) do IES de Fene, de compartir un par de magníficas tardes cun Grupo de Traballo de docentes do IES Fernando Blanco de Cee. Son un feixe de profesores e profesoras que están desenvolvendo un estupendo traballo para converter a súa biblioteca escolar nun dinámico centro de recursos ao servizo da súa comunidade.
Fernando Blanco de Lema nacera en Cee en 1796 e con trece anos emigrou a Cuba. Na illa caribeña faría fortuna cos negocios de ferretería e comercio. No seu testamento deixou 750.000 pesos de ouro para construír e manter un colexio de primeira e segunda ensinanza en Cee. A edificación iniciouse 1880. O 6 de Maio de 1884 colocouse a última pedra do torreón central do prominente edificio que dominaba a vila, aínda que diversas obras e reformas interiores retrasaron dous anos máis o comezo das actividades docentes.
Na redacción do proxecto arquitectónico, obra do arquitecto madrileño José María Aguilar, tívose moi en conta o programa educativo preparado por Acisclo Fernández-Vallín, Conselleiro de Instrución Pública e promotor de varias reformas educativas na España do século XIX. Nas obras investiuse a cantidade de 185.921,77 pesos.
Mais neste blog interésanos o edificio, a arquitectura. Como era habitual na segunda metade do século XIX e principios do XX, considerábase que para edificios públicos o deseño arquitectónico debía basearse en modelos do pasado. Os referentes serán, sobre todo, a arte románica e a gótica deste dun estilo ecléctico e sobrio. Así neste edificio escolar predominan os arcos de medio punto (vease a capela), escasos elementos decorativos (almenas) e unha poderosa torre central. Efectivamente o conxunto arquitectónico está presidido por esa gran torre con dous elementos sobranceiros nos seus flancos, decorados tamén con almenas. Todas as edificacións (aulas, talleres e capela) están resoltas con granito. A escola foi dotada dun magnífico equipamento didáctico para a época( os gabinetes científicos de mecánica, quimica, zooloxía, etc) así como dunha extraordinaria colección artística (destacan os obras de Federico Madrazo)

As sociedades galegas no exterior foron quen de construir a primeira rede de escolas públicas de Galicia, con edificios expresamente deseñados con fins académicos. O inmenso labor educativo que realizaron os nosos emigrantes nunca será suficientemente recoñecido pola nosa comunidade.
Para obter máis información podes entrar na Fundación Fernando Blanco. Así recibirás información sobre a importancia pedagóxica desta experiencia e a calidade da súa colección patrimonial. Tamén poderedes contemplar unha magnífica colección de fotos antigas de Cee e o impacto visual deste centro educativo.

2 comentarios:
La historia de este instituto es muy interesante,pues su pasado tiene un gran mérito(ya que el dia de mi cumpleaños se colocó la última piedra del torreón central...).Por no mencionar su estructura arquitectónica,que rebosa de "originalidad" para la época.
Saludos para Cee y felicidades por tener un monumento como ese.
Que esaxerado es... nótase a amizade.
Pero si que foron dúas tardes fantásticas, nas que tiven a oportunidade, ademais de coñecer a un magnífico grupo de profes do IES Fernando Blanco, de facer un percorrido pola zona (Carnota, Quilmas...)da man do mellor guía que poidera ter.
Que sorte ten o teu alumnado!!
Cando repetimos?
Publicar un comentario