Situada nunha contorna marabillosa, preto da desembocadura
do Tambre, a escasos quilómetros damedieval Ponte Nafonso, atópase este
conxunto de edificios que orixinariamente, ademais de central hidroeléctrica,
incluía a chamada “ Casa do Xefe”, a dos mestres e unha pequena escola para os
fillos e fillas dos traballadores. Hoxe en día conforman un conxunto de
hostalería.
A principios dos anos 20 o xa exitoso arquitecto recibiu o
encargo de remodelar un antigo secadoiro de peixe dos monxes cistercienses ás
beiras do Tambre que fornecía ao Mosteiro de Toxosoutos.
O resultado foi unha central hidroeléctrica, de marcada linguaxe rexionalista e non modernista, con certos aires
de edificación relixiosa que o arquitecto rematou en 1924.
Segundo nos conta GCiencia:
“A central hidroeléctrica abastécese do encoro de Barrié de
la Maza sobre o río Tambre e foi promovida pola Sociedade Galega de
Electricidade. De feito, está considerado o primeiro aproveitamento industrial
de Galicia destinado os grandes consumos. O resultado, fronte ás grandes presas
que produciron un inmenso impacto ambiental en ríos como o Miño ou o Sil, é
unha integración na paisaxe dunha maneira moi afastada da posterior tradición
dos saltos hidroeléctricos construídos durante o chamado ‘desenvolvismo’. Por
desgraza, se o río Tambre foi en tempos rico en
lampreas e salmóns, a construción do encoro rematoou con esta fauna
fluvial”.
O conxunto de
edificios están incluídos no Plan Nacional de Turismo Industrial. Ademais a
central está en funcionamento.
No catálogo da exposición “Antonio Palacios. Constructor de
Madrid” , Iglesias Veiga afirma que nesta central hidroeléctrica é onde por vez
primeira o arquitecto amosa a súa linguaxe rexionalista pois “para esta parcela
da súa creación Antonio Palacios busca un expresionismo primitivista, marcado
polo brutal tratamento do granito e unha poderosa acumulación de volumes
que, nunha virulenta evolución, acada
nas últimas obras un vigor desbordante” (páxina 220)
Información de:
José Ramón Iglesias Veiga: “Antonio Palicios: arquitecto metropolitano y arquitecto regionalista”. En Antonio Palacios. Constructor de
Madrid. Madrid, 2001, pp.202-230.
Fotografías: Inicarte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario