20/5/11

Fin de curso: Blade runner

Como nos últimos minutos do mellor filme de anticipación da historia, despedimos hoxe este curso de Historia da Arte 2010-2011: con emoción e líquidos elementos no rostro.

Hoxe despedimos a outra promoción... outra? Non, son un conxunto de alumnas e alumnos moi especiais...

Non sei se a materia e o docente foron tan emocionantes como esta escena pero sempre intentei transmitirlles algo da miña paixón pola arte, da miña emoción ante as obras que comentamos xuntos... agardando que nunca "eses momentos se perdarán no tempo coma bágoas na choiva..."


6 comentarios:

clariana dijo...

Es una escena que dice tanto en tan pocos segundos...
Ese amor a la vida del mutante, como un elemento más que se hace las mismas preguntas que nos hacemos todos y que en ese ultimo instante de su vida salva la de otra persona por su amor mismo a la vida.
Me parece muy idóneo despedir el curso con este trailer. Blad Ranner es una película para no olvidar como no olvidarán ellos a su profesor.

Antonio Martínez dijo...

Gracias, Clariana. A mi también me parece una escena emocianante de una película maravillosa. Saludos

lucia dijo...

Como alumna teño que dicir que as clases de arte foron, polo menos para min, as mellores e con diferenza, delas aprendín mais do que nunca puiden imaxinar.E teño que admitir que agora fíxome moito mais nas cousas que me rodean, feito que non sería posible sen que o noso profesor nos transmitise a súa paixón.
Moitas grazas por todo.

Antonio Martínez dijo...

Grazas, Lucía. Para min foi todo un pracer contar cunha alumna tan interesada e educada...

Rosa Rodríguez dijo...

Acabo de ver isto, entrara o outro día e non vira esta entrada.
Pola miña parte, debo dicir que realmente alégrome moito de ter collido arte este ano. Lémbrome do fin de curso anterior, cando andaba a 'recoller' alumnos/as para que nos deran a optativa. É increíble o que aprendín este ano e agora teño unhas ganas inmensas de viaxar e ver un montón de cousas nas que antes non me fixara. Grazas Toño, conseguiches(polo menos, persoalmente falando)transmitir esa emoción e paixón pola arte que ti tes. Foi un pracer acudir todo este curso ás túas clases. Moitas grazas una vez máis.
Un saúdo.

Antonio Martínez dijo...

Rosa, un bico.