4/2/11

A Virxe do Chanceler Rollin (e III): a Virxe



A Virxe, como invitada de honra, ao fogar do Chanceler, aparece sentada modestamente sobre un coxín ofrecendo ou seu corpo como trono ao neno Xesús. Está marcada pola dozura do manto púrpura e pola coroa real. O pecador de xeonllos aspira á comprensión e á indulxencia.

En oito ocasións pintou van Eyck á Virxe, afirmando dela que “brilla máis que o sol e supera en esplendor ao ceo estrelado”, segundo deixou escrito no marco dun deses cadros. Por que aparece a figura da Virxe no cadro? Temos que lembrar que Nicolás Rollin intentou durante toda a súa vida gozar da gracia da María. Como exemplo desa adoración cabe citar que no 14461 doara á igrexa de Nosa Señora de Autun unha estatua da Virxe de prata de máis de sete quilos xunto cunha coroa de ouro. De feito, pódese interpretar a cora que porta o anxo podería ser unha alusión a esta doazón.

Son moitos os documentos que amosan a veneración do chanceler pola Virxe de Autun: mandou restaurar e embelecer a igrexa, onde fora bautizado, e fixo varias doazóns; desde a súa vivenda podía acceder por un corredor privado ata igrexa parar asistir aos oficios relixiosos. Mais esta táboa semella case un monumento ao comitente cá adoración á Virxe. Están retratados de igual a igual. Nin tan siquera nunha igrexa senón no que podería ser a residencia privada do chanceler que non ten unha mirada presisamente de devoción ou de fervor relixioso. É unha mirada de profunda autosatisfacción.

Orixinariamente esta táboa non estaba destinada para retablo senón que foi encargada como unha obra conmemorativa para o lugar onde se diría unha misa diaria para pedir pola salvación da alma de Nicolás Rollin tras a súa morte.

O entrecomillado procede de Rose Mari Rainer Hagen. Los secretos de las obras de arte. Taschen, 2002, páx. 34...


Créditos da imaxe da Virxe e do anxo e a coroa

4 comentarios:

PACO HIDALGO dijo...

He leído con atención las tres entradas sobre esta Virgen del Canciller Rollin y me ha encantado este estudio, Antonio; Van Eyck es otro de mis pintores preferidos. Buen fin de semana.

Antonio Martínez dijo...

Gracias Paco. Tus "entraditas" tampoco están nada mal. Es un placer coincidir en gustos. Saludos

Sarinsky dijo...

He tenido el placer de ver esta obra en el monumental museo del Louvre.

Es más pequeñita de lo que pensaba, pero sigue siendo estupenda.

Fantásticas entradas, como siempre.

Muacks

Cristina dijo...

Es curioso lo del tamaño... Verdad? Que poco importa... Has conseguido hacer que leyera el cuadro gracias a tu fantástica descripción... Y leer es uno de los mayores placeres... Gracias...