18/12/10

"Abreveberva": Exposición colectiva en Vigo

O pasado venres 17 de decembro tiven a oportunidade de acompañar, xunto cun bo feixe de amigos e amigas, ao pintor Xurxo Gómez Chao á inauguración da exposición colectiva “Abreveverba” na Casa das Artes de Vigo. Trátase dunha interesante iniciativa das concellerías de cultura de Vigo e A Coruña pola que dous artistas vigueses (Almudena Fernández e Bosco Caride) e dous coruñeses (Tatiana Medal e Xurxo Gómez Chao) expoñen conxuntamente primeiro na cidade olívica e, logo, (finais de xaneiro de 2011) na herculina.

O fermoso título da exposición, ese curioso palíndromo, quere incidir na viaxe de ida e volta que sempre supón a arte, as traxectorias artísticas e a vida desta exposición. En palabras do comisario David Barro “os catro artistas conseguiron xerar a súa propia atmosfera, aínda manexando moitos estratos e planos de significado, e aínda cando estas solucións sexan breves e vagas; porque o vago só emerxe cando o punto de partida é a precisión, a ollada paciente”.

O acto foi inaugurado polos concelleiros-as e mesmo polo tenente de alcalde de Vigo ademais de contar coa presenza de técnicos de cultura dos dous concellos así como unha senlleria representaión do mundo das artes (pintores-as, escultores, arquitectos-as...). Trátase dunha pequena exposición onde podemos apreciar distintas técnicas e distintos conceptos. Pode ser unha boa oportunidade para que este blog, por vez primeira, vos presente a Xurxo Gómez Chao, do que noutro momento falaremos (depuradísima técnica, reiteración de motivos pero en evolución constante...) Non deixedes de visitar a súa fermosa páxina web.



4 comentarios:

Cristina dijo...

Fantastica recomendacion... Unha cousa mais para engadir na lista/tarefas/festas.
Encantoume a obra fotografiada na paxina... Moitas grazas!Ademais as derradeiras con tema de conto...

xxo dijo...

Parabens polo tu blog.
Moitas grazas polos teus comentarios.

alfonso dijo...

Esperemos que vengan a Coruña un poco antes...

Antonio Martínez dijo...

Grazas polos comentarios, especialmente ao "atento" Alfonso: que máis da un ")" por un "9".