2/2/10

A Santa Capela de París

Dentro do conxunto arquitectónico da audiencia (Le Palais de Justice) de París,o edificio máis salientable, desde un punto de vista persoal, é a Santa Capela. Para ilustrar este pequeno texto empregamos as fotos que a miña gabachiña preferida fixo para Iniciarte na súa cidade natal.

Esta pequena edificación gótica foi mandada levantar no século XIII por Luis IX (futuro santo) que en plena época de busca de reliquias adquiriu por unha cantidade desorbitada para aquel entón a suposta coroa de espiñas de Cristo (non sabía este san Luis que en realidade conservábase no mosteiro cántabro de san Toribio de Liébana), anaco da santa cruz e outras reliquias.

Esta capela consta de dous corpos, un inferior de tres naves, que é a cripta en si ou Relicario onde se gardaban as reliquias ao que se accede directamente desde o exterior a través dun pórtico e outro corpo superior, ou capela palatina, dunha soa nave. Nesta edificación advírtese xa a desaparición do muro e a tendencia a facer máis finos e esveltos os elementos arquitectónicos. Foi o arquitecto Pierre de Montreuil quen deseñou o trazado das vidreiras, as máis antigas de París, que cubren o muro calado da cabeceira, elemento poderoso que atrapa a nosa atención ao entrar nese lugar. Lembrade que INICIARTE xa vos falou da importancia da luz na arquitectura gótica. Tamén as esculturas son un magnífico exemplo do típico rostro das figuras góticas: forma triangular, queixo destacado, ollos amendoados e marcado sorriso.



Aínda lembro as magníficas sensacións que tiven cando entrei alí por vez primeira...

Moitas grazas Gabachiña

3 comentarios:

Sarinsky dijo...

Lo mejor son las piedras preciosas (las vidrieras) que aluden a la Jerusalem Celeste ^_^

Preciosa entrada, besos

W. Sobchak dijo...

Eu tenho a magoa clavada de que estiven lá un dia de xaneiro no que o sol non fixo aparición. Así que coido que me perdín o espectaculo das vidrieras

Antonio Martínez dijo...

Benqueridos comentaristas: non fixan alusión, case, ás vidrieiras poruqe aagardo outra ocasión. E un destes lugares que producen unhas sensacións apabullantes, verdade?