30/12/08

O Pazo de Meirás: declaración de Ben de Interese Cultural

Nova de hoxe do xornal La Opinón de A Coruña:

A Xunta declara o Pazo de Meirás como Ben de Interese Cultural
O Goberno galego aprobará hoxe o decreto polo que se declara Ben de Interese Cultural (BIC) o pazo de Meirás, polo que a familia Franco deberá abrilo ao público catro veces ao mes de forma gratuíta.
O concello de Sada solicitou no verán de 2007 a declaración deste edificio como BIC para o edificio do século XIX de estilo neomedieval moi ligado á figura da escritora Emilia Pardo Bazán, segundo informou hoxe a Consellería de Cultura.

Desde a Xunta recordan a "negativa" da familia Franco, propietaria do pazo, que non permitiu a entrada dos técnicos de Patrimonio para inspeccionar o inmoble e coñecer o seu estado.


Finalmente, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia resolveu autorizar a entrada dos técnicos.


En agosto deste ano comezaron os trámites para a declaración como BIC deste espazo, que recibiu 105 alegacións, que non foron estimadas.
Con esta decisión, a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia os propietarios deberán abrir o pazo ao público de forma gratuíta catro días ao mes e, ademais, calquera intervención nel necesitará unha autorización previa por parte de Patrimonio e os seus propietarios terán a obrigación de coidar e preservar o inmoble.

A declaración das Torres de Meirás como BIC coa categoría de sitio histórico baséase en que "destaca tanto pola súa singularidade, como pola significación cultural e simbólica que adquiriu co paso do tempo. Ningún dos edificios de estilo similar iguala ao de Meirás en dimensións, en contexto histórico, en coherencia conceptual e en calidade formal", segundo Cultura.

No hay comentarios: