17/11/08

Arte prerrománica asturiana: unha introdución


A Arte Asturiana é unha arte con marcado carácter áulico. Arte coma expresión arquitectónica do poder e lexitimación da nova monarquía. Non é unha continuidade artística da desaparecida monarquía visigoda. Neste perído mantivéronse técnicas tardorromanas: arcos de medio punto formado por doelas de ladrillo, aparello de perpiaño tosco (“sillarejo”) con revoco ou algún perpiaño nas esquinas. As súas edificacións relixiosas tiveron plantas rectangulares (basilical de tres naves) iluminación lateral e van con celosías cerámicas ou pétreas e con divisións de dobre ou triple arquiño sobre columniñas e con pórticos ós pes. As súas columnas están caracterizadas polos fustes con decoración de sogueado.

Afonso II, o Casto 812-842
Tivo que facer fronte a expedicións musulmáns. Converteu a Oviedo na capital do reino e creou o bispado ovetense. Durante o seu reinado descubriuse a suposta tumba do apóstolo Santiago.
-
Cámara santa de Oviedo
-Igrexa de san Julián de los Prados


Ramiro I, 842- 850
Afonso II morre sen descendencia e Ramiro, o seu sobriño, axúdase dun exército galego para derrotar á nobreza local en desacordo coa súa elección. Enfrontamentos con musulmáns e normandos. A súa arquitectura diferénciase da dos outros monarcas asturianos en:
-Abovedamento de naves, capellas e pórticos
-Pedra en arcos, sustituindo case sempre ó ladrillo
-Alixeiramento dos muros con arquerías cegas de descarga
-Aparición da decoración escultórica (humana e de animais)
-Emprego do capitel piramidal e dos medallóns
-Uso do arco de medio punto peraltado
-
Igrexa de s. María del Naranco
-Igrexa de san Miguel de Lillo
-Igrexa de santa Cristina en Pola de Lena. Durante o reinado de Ordoño I (850-866) pero do mesmo arquitecto do Naranco


Afonso III, 866-910
Obras en Oviedo (castelo, pazo real, murallas, etc) Tras a súa morte desaparece o Regnum Asturorum. Xurde León como reino. Arquitectura: xanela aximenizada de dobre abertura (anteriormente de tres), elementos e decoracións mozárables.
-
Igrexa de san Salvador de Valdediós en Villaviciosa do 893


Foto: Wikipedia.

No hay comentarios: