Continuando coa experiencia iniciada meses atrás, Trafegando Ronseis e Iniciarte preséntanvos hoxe a outro pintor galego que xunto con Maruxa Mallo supón a culminación do surrealismo español: Eugenio Granell.
“A única condición para ser surrealista é a integridade moral do individuo que non se vende, que non se traizoa (...) O surrealismo cambiou o meu rumbo por completo e tratei de facer cousas máis persoais, deixei libre o meu maxín ata onde me resultaba posible (...) O surrealismo é unha actitude ética ante a vida, iso é o fundamental para ser surrealista. A xente cre que o surrealista é quen pinta dunha maneira rara ou quen escribe poesía dunha maneira rara, etc. (...) Non, primeiro é unha condición moral e despois vén o outro”.
“Ser surrealista non consiste en pintar así o u en escribir deste outro xeito. Ante todo é unha conduta moral. Os verdadeiros surrealistas xamais se venderon por cartos, cousa que fixo Dalí. Bretón podería terse feito millonario, chegáronlle a propor ofertas fabulosas. Rexeitou todo tipo de premios e honras. Tiña na súa casa o cadro de De Chirico que valía unha fortuna, que se titulaba O cerebro do neno. Xamais se lle tería ocorrido vendelo a pesar de pasar penalidades.”
Tras nacer na Coruña, a súa familia trasladouse a Santiago de Compostela onde residiu ata que, con 15 anos, trasladouse definitivamente a Madrid para continuar os seus estudo de violín.
Ten narrado Granell que a súa militancia política comezou cando o seu avó lle recomendara a biblioteca do Circo dos Artesáns na Coruña, atopando alí “A miña vida” de Trostki. Lembra deste xeito aquela lectura “Eu non sabia nada do comunismo, nin de Trostki, nin tampouco da Revolución usa, mais ese día comecei a ler o libro, como digo moi voluminoso, e impactoume tanto que estiven ata que pecharon a biblioteca”. Posteriormente, estando xa en Madrid, entraría en contacto con socialistas e anarquistas. Para, en 1932, participar na fundación do Partido Obreiro de Unificación Marxista, o POUM, militando activamente e sendo detido no período dereitas da república coa acusación de distribuír propaganda subversiva, polo que pasou varios meses no cárcere Modelo, á que el chamada “hotel” .
Tras a Guerra Civil, o acontecemento máis salientable da súa vida, marcharía para o exilio ata a morte de Franco. Son moitas as testemuñas que nos deixou sobre eses anos, sobre a Guerra, sobre Franco, sobre os campos de concentración (de cómo para fugarse tirouse a unha lagoa, respirando por unha palliña para que non o viran), sobre o exilio Francia, Santo Domingo, Guatemala, Porto Rico (profesor durante seis anos), Estados Unidos (profesor durante trinta anos)
En 1964 viaxa por primeira vez a España para unha exposición que apenas tivo repercusión. En 1969 expón en Madrid, mais non será ata o regreso da democracia cando se produza o recoñecemento artístico da súa figura. Aséntase definitivamente en Madrid, tras a morte do ditador, viaxando con frecuencia a Galicia
Era músico, escritor político, novelista (La novela del indio Tupinamba, Lo que sucedió, El clavo, Federica no era tonta...), periodista, escultor e, ante todo e sobre todo, pintor
Levando tan só un ano intando, xa en 1942 comeza a pintar cadros de tendencias surrealistas, faise amigo de André Bretón, a partir de 1947 exporá cos máis senlleiros artistas oníricos. Recibe premios internacionais nos Estados Unidos, Francia... As súas obras están nos máis salientables museos con arte do pasado século, mesmo o seu primeiro gran cadro foi adquirido polo Museo de Arte Moderno de Nova York
Ao entender de Xosé de Castro “A estimación internacional sitúa a Eugenio Fernández Granell nunha das grandes capitanías da arte surrealista e o distingue como unha das máis preclaras individualidades da pintura española. Certamente a súa obra, de tan acusada personalidade, destaca no corpus da nosa arte pola súa aireada e viva figura, pola súa airosa traza ornamental, pola súa extraordinaria brillantez cromática, as súas arquitectura e arabescos, a súa intelixencia inventiva, musicalidade desbordante, fluínte poesía e capacidade de ensoñación”
Desde 1995 podemos contemplar boa parte da súa obra na Fundación Granell en Santiago de Compostela. Tamén podemos contemplar as obras que posúe a Fundación Caixanova.

Bibliografía:
Eugenio F. Granell. A Coruña, Concello, 1987.
Xan Leira. Lembranzas e reflexións de Eugenio Granell. Unha crónica audiovisual. Vigo, Memoria de Galiza, 2008. Libro e dvd.

1 comentario:
Por lo que veo estas cogiendo carrerilla ehh?¿
Estaría chachi poder ver algunas de sus obras en las respectivas fundaciones.
Saludos
Publicar un comentario