11/6/08

Luís Rei Núñez: O señor Lugrís e a negra sombra


Luís Rei Núñez. O señor Lugrís e a negra sombra. Vigo, Xerais, 2007.

A novela transcorre entre o presente e os anos de franquismo. Entre o transcorrer dun escrito do presente e unha biografía novelada do pintor Urbano Lugrís. Ademais de magnífico exercicio de literatura, merecedor do premio dos libreiros galegos ao mellor libro de 2007, a novela describe o triste ambiente cultural do franquismo nunha cidade de provincias (A Coruña) e xorden persoeiros fundamentais na cultura galega como Avilés de Taramancos, Álvaro Cunqueiro, Mariano Tudela, González Garcés, Rafael Dieste pero sempre a arte, a difícil vida bohemia de Lugrís.

Luís Rei, periodista, escritor e experto a vida e obra de Lugrís, consegue darnos unha visión moi persoal da vida do pintor, das súas dificultades de relación coa súa familia, da súa nula capacidade de aforro, da súa paixón pola pintura, polos amigos, polo viño e pola noite.

En resume unha magnífica novela sobre un extraordinario pintor con pouquísima obra no mercado e a un prezo...

O libro foi traducido ao castelán pola editorial coruñesa Ediciones del Viento.

Como coruñés e artista, Lugrís tamén pintou a nosa Torre de Hércules. Este cadro, de 1960, foi reproducido na portada dun Cd dun grupo coruñés, sabíades cal?


Lembrade que INICIARTE xa fixo unha entrada sobre este pintor.

1 comentario:

Sarinsky dijo...

A pesar de que algunas imágenes están repetidas (yo también puedo sacarle puntilla a las cosas jeje) es un vídeo de lo más conmovedor!! con esa música...esas imágenes!!
Al final vas a hacer que me lea este libro y todo...