14/5/08

A pintura no século XX (IV): a materia

Outro dos xeitos de crear espazoso é facendo a materia: cadros en relevo ou esculto-pinturas. En arte hai non hai posibilidade da forma, do espazo, etc se non hai materia onde realizarse, sempre ten que haber un soporte. A arte contemporánea nese proceso que tende a independizarse de todas as referencias externas para concentrarse en si mesma, vai remitir sobre todo ao seu elemento máis substancial, a materia.

A poética da materia é o máis definitorio da arte no XX. Na pintura a materia é tradicionalmente a pasta da cor. Ata o Impresionismo a cor era simplemente un medio que había adaptar á forma, ó tema, procurando a súa maior semellanza cos elementos da natureza. Pero xa Monet comezaría a sentir a cor como materia, mais o grande paso do Impresionismo é ter comezado a prescindir de tons locais.


Por outra banda tamén os impresionistas escomezan a traballar coas cores puras sen empregar as medias tintas. Co Postimpresionismo xa se prescinde das cores locais e ademais faise falar á cor coa súa propia voz, ao valorala en si mesma e non coma un acompañamento do motivo representado. Xa Van Gogh, Cézanne e Gauguin conciben o cadro como unha orquestación de campos de cor, potenciando o seu valor expresivo. A cor é o elemento máis expresivo da pintura.



Con Matisse vai sentir cada vez máis a cor como materia prima á que hai que potenciar, por iso a partir do Postimpresionismo non é estraño que teñan aparecido o Expresionismo e o Fauvismo, ao prescindir da cor local. O gran paso danno os fauvistas ao dar á cor un valor psicolóxico. Crean unha nova linguaxe con signos propios que non imitan á imaxe natural. Este sentimento da cor do Fauvismo é levado por novos camiños por Kandisky.

O sentimento da materia non só se vai referir á cor senón tamén a movementos nos que as formas levan impresos as pegadas do elemento materia, é dicir, que vai aparecer como sometida á falla de dominio da execución técnica, como se a materia dominara a execución (Maside, Laxeiro). É, pois, o efecto consciente dunha técnica mal dominada, ao aceptar o artista unha tosquedade que se incorpora tamén como ingrediente na obra de arte.

3 comentarios:

Sarinsky dijo...

Pero que es esto de plagiar videos de KANDINSKY?....Al escuchar la música de Enya y al ver semejantes obras de arte me emociono de una manera que ni te imaginas, me quedo embobada mirándolo una y otra vez...
A PESAR DE TODO es un magnífico post!!
Saludoss

Montse dijo...

Muchas gracias por "les felicitats".
Tengo pensado, des de hace días, que este verano ampliaré el apartado de arte con algún enlace hacia tus excelentes trabajos sobre la pintura en el siglo XX. Ya te contaré.
Aprovecho, también, para felicitarte por tus "magníficos posts".
Des de Lleida, un abrazo. Y... preparado para la próxima edición!

Antonio Martínez dijo...

Será todo un honor poder colaborar una "espiral" de oro, Motse