Na pintura tradicional o cadro era unha ventá aberta a través da que había un espazo de tres dimensións. Namentres que o espazo na escultura é un feito, na pintura é unha falacia, o cadro só ten dúas dimensións. O postimpresionismo e a súa concepción do cadro, antes que nada como un obxecto, é o primeiro movemento pictórico que valora e asume a superficie plana na que se desenvolve a arte pictórica. A pintura pensan non é só o reflexo da sensación visual, ten a súa propia realidade pictórica e non ten porqué levar un espazo que non lle é propia. Xa con Cézanne, Van Gogh, Gauguin tenderon a aplanar as profundidades dos escenarios que representan, tratando de adaptar (Cézanne) as formas e os espazo ás dúas dimensións, comezando por suprimir as leis da perspectiva tradicional.
Por outra banda isto vaise corroborando dende finais do XIX polas leis da física ó amosar que as tres dimensións son incompletas, xa que, afírmase, hai múltiples dimensións. A imaxe pictórica pode incorporar estas múltiples dimensións do espazo. O primeiro que fai isto é Cezanne ó dislocar a perspectiva dalgunhas formas.
Os que desenvolven todo isto son os cubistas. O primeiro paso son As señoritas de Avignon, quebrando o espazo en planos, as figuras e o espazo están tratados de igual xeito. A partir desa ruptura o cubismo segue a incorporar na imaxe diversos puntos de vista, múltiples referencias espaciais nunha soa imaxe, coma se un ollo rodease a pintura, e isas visións plasmáranse simultaneamente na superficie plana do cadro. O cubismo opón á sensación sensorial unha representación intelectual. A partir de aquí vaise abrir unha grande variedade no eido da pintura respecto á concepción espacial.
A maioría dos movementos xa non asumen o dato espacial como dato pictórico. Pero tamén a pintura pode renunciar ó seu propio ámbito espacial: as cores primarias, unhas propiedades lumínicas, posúen á súa vez uns efectos ópticos que suxiren espazoso que producen a sensación de alonxamento. Son os movementos formalistas, que derivan do cubismo, que incorporan o dato cromático dirixido á suxestión do espazo (Op-art). Pero outros pintores, que non abandonan totalmente composición pensan que a cor é o elemento máis importante na elaboración dos seus cadros, liberando o trazo, o debuxo (Luís Seoane)
No hay comentarios:
Publicar un comentario