24/4/23

Catedral de Toledo: a Porta do Perdón




A fachada principal d catedral de Toledo ten tres portadas, Porta do Perdón no centro, Porta do Xuízo Final á dereita e Porta do Inferno á esquerda. 




A porta do Perdón é do século XV: comezouse, baixo a dirección de Alvar Martínez, en 1418. Chámase así porque houbo un tempo en que se concedían indulxencias aos penitentes que entraban por ela. 

Esta porta na actualidade está sempre pechada e ábrese nas grandes ocasións e cando o novo arcebispo toma posesión da catedral primada. 



Ten un gran arco con seis arquivoltas góticas. Segue a iconografía clásica do gótico, coa figura do Salvador no mainel e un apostolado nas xambas, e no tímpano aparece a Virxe impoñendo a casulla a San Ildefonso, tema moi especial desta catedral que se repetirá no interior en capelas e pinturas. As follas da porta miden máis de 5 metros de altura e están chapadas en bronce e moi traballadas; son do século XIV. A do Xuízo Final é a máis antiga, e representa, como o seu nome indica, a escena do Xuízo Final.




A Porta do Inferno, en cambio, non presenta motivos iconográficos reseñables, senón só decoración de tipo vexetal. Coñécella tamén como porta da Torre ou das Palmas porque antigamente reservábase para a entrada da procesión das palmas no Domingo de Ramos.



A fachada foi modificada en 1787 polo arquitecto Eugenio Durango baixo o mandato do cardeal Lorenzana. O escultor foi Mariano Salvateirra. As obras foron necesarias polo deterioro da pedra que non era de moi boa calidade. É posible que as portas avanzasen entre contrafortes en lugar da disposición actual.



TEXTO: Wikipedia.

FOTOS: Iniciarte.

No hay comentarios: