Reportaxe fotográfica da exposición.
Esta exposición sitúa a obra de Julio González (Barcelona,
1876-París, 1942) no centro do debate estético, político e social da súa época
e pretende xerar un discurso que relacione todos estes aspectos a partir das
obras e a documentación que o IVAM
conserva del e doutros artistas das vangardas históricas. Á súa vez ten a
vontade de permitir unha aproximación á realidade artística e cultural das metrópoles onde desenvolveu o
seu traballo creativo: Barcelona e París.
No percorrido da exposición destácanse algúns momentos
sobranceiros na súa traxectoria como o seu período de formación no círculo
modernista catalán e a relación co seu irmán Joan; a amizade con Joaquín
Torres-García (Montevideo, Uruguai, 1879-1949) e o contacto con algúns dos
artistas que formaron parte de Cercle et Carré, a súa partícipación no Pavillón da República na
Exposición Internacional de París de 1937, e o carácter innovador da súa
escultura a partir da Muller ante ao espello (1937).
Fotografías: INICIARTE
No hay comentarios:
Publicar un comentario