Entre os anos 1974 e 1985 este pequeño poboado tivo dez
campañas de escavacións. Conta cuns acceso magníficos e unha boa sinalización.
É un poboado fortificado, de forma elipsoidal, que se
aproveita das boas condicións defensivas desta pequena coliña sobre o Támega.
Recolle varios séculos da historia desta freguesía de Chaves posto que foi un
poboado castrexo, logo ocupado polos romanos e continuaría habitado en época
baixo medieval e medieval.
A súa estrutura defensiva consta de tres liñas sucesivas de murallas das que só dúas pechan completamente o perímetro de dúas hectáreas. Ademais conta cun campo de pedras fincadas.
O acceso ao interior do recinto faise pola última muralla
que conta con tres portas de acceso e cinco ramplas.
O poboado semella estar estruturado a partires dunha rúa
central ao longo da que se levantan edificacións rectangulares que, en moitos
caso, comparten paredes. Tamén hai vivendas rectangulares pegadas á parte
interna da última muralla.
Fotos: Iniciarte
No hay comentarios:
Publicar un comentario