16/11/15

Igrexa parroquial de Gafoi (Frades, A Coruña)


Nunha visita deportiva ao concello de Frades tiven a sorte de aparcar preto desta igrexa. Chamoume a atención o ben que estaban marcadas as distintas épocas da súa construción: unha fermosísima porta románica e os elementos decorativos barrocos.

O seguinte texto procede da páxina do concello de Frades:

Conserva unha porta románica con dous pares de columnas, tímpano liso e arquivolta exterior axadrezada. Unha cruz inscrita nun círculo, procedente do templo medieval, xace no chan do adro. Construída na honra de Santa Mariña.


Igrexa parroquial do século XII. Considerada a máis antiga do concello, esta igrexa rural é, na súa orixe, románica se ben pasou por remodelacións en época barroca, das que proceden moitos dos seus elementos. Presenta unha planta rectangular con presbiterio separado por arco triunfal e sobreelevado con respecto á nave,  sancristía na parte posterior e coro nos pés. 


Na fachada, en un mesmo eixo vertical central, alíñanse a portada, un van e unha espadana. A porta principal, de carácter románico, componse de dous arcos de medio punto apoiados en pequenas columnas de capitel esquematizado acubilladas nas xambas. Tanto o tímpano como os arcos carecen de decoración, a excepción da arquivolta de remate que presenta un axadrezado. Encima a espadana de dobre van rematada en pináculos con bólas e un corpo composto por un óculo e rematado en cornixamento curvo con elementos decorativos propios do barroco. O presbiterio alberga un retablo de madeira barroco, composto por columnas abalaustradas.

Antes de encalar os muros, iste era o seu estado:

No hay comentarios: