Sobre un antigo templo
franciscano do século XII, en 1294 comenzouse a levantar este templo segundo os
planos de Arnolfo di Cambio. Nos anos seguintes o templo foi medrando, e mesmo
modificando os planos orixianis, mais a fachada estaba sen rematar, ata que no
sécilo XV, a familia Quarantesi ofreceuse a finaiala cunha condición, que se
puxera o seu escudo na no centro. Ante orexeitamento dos franciscanos a obra
permanecería sen rematar ata o XIX cando se fixo nun claro estilo neogórico.
O seu interior ten unha
estrutura de cruz exipcia con forma de T, con tres naves. A central, grande e
solemne, ten alicerces octogonales e arcos oxivales que soportan os muros
finos, símbolo das doutrinas franciscanas. Arnolfo di Cambio, no seu proxecto,
quería reflectir a sencillez e pobreza da orde, e por isto realizou a igrexa
cunha planta espida. As amplas fiestras iluminaban os frescos das paredes que
describían, dun xeito directo, a vida de Cristo e dos santos: era a Biblia dos
pobres para o pobo analfabeta. Na parte posterior da basílica hai moitas
capelas dedicadas a familias burguesas florentinas.
No seu interior hai obras de Cimabue, Giotto, Brunelleschi, Donatello, Giorgio Vasari, Lorenzo Ghiberti, Andrea Orcagna, Taddeo Gaddi, Luca Della Robbia, Giovanni da Milano, Bronzino, Michelozzo, Domenico Veneziano, Maso di Banco, Giuliano da Sangallo, Benedetto da Maiano, Antonio Canova. Mais hai que saleintar a presenza de Giotto e a súa escola.
Fotos para INICIARTE de E. R.
1 comentario:
Impresionante catedral, me llama mucho la antencion la arquitectura, de sus arcos y columnas...
un post muy bueno, gracias.
Publicar un comentario