Xa temos posto en INICIARTE moitas entradas adicadas á arquitectura de meu concello, Oleiros (A Coruña), desde igrexas románicas, barrocas ou contemporáneas ata varias vivendas unifamiliares en As galeras, Perillo, Montrove, Liáns, ou adosadas. Toca hoxe ver tres exemplos de vivendas colectivas.
Rúa Macato. Residencia Ballesol. O Graxal
Moi preto da Ría do Burgo atópase esta residencia para persoas maiores. É un conxunto de edificios con varias fachadas, sendo a máis interesante esta que podedes contemplar nas fotos.
Rúa Cubelos. Perillo
Trátase da vivenda colectiva que máis me ten chamado a atención nos últimos tempos en Oleiros, pola súa pureza de liñas, polas súas magníficas vistas á ría e polo que se intúen magnificas vivendas máis elevadas. (Tamén habería que poñerlle algunha chata: radiadores, grandes ventanais do primeiro andar que mira á rúa...).
Rúa Cubelos. Perillo
Outro exemplo de vivenda colectiva feita sen pretensións pero cuns resultados moi salientables ao potenciar as fermosas vistas sobre a praia de santa Cristina.
No hay comentarios:
Publicar un comentario