16/9/11

Comprender a arte segundo Picasso





Que mellor que iniciar o curso con este pequeno texto de Picasso. Lembrade que son os seus ollos os que están no encabezamento deste blog.

"O que máis me sorprende é que tanta xente teña a pretensión de comprender a arte. Fágome unha pregunta: Ten sentido intentar comprender o canto dos reiseñores? Ten sentido querer penetrar no misterio da noite, das flores, das cousas fermosas que nos rodean e que amamos? Así e todo, cando lle toca á arte, a xente pretende comprendela. Por que?


Eu creo que a única cousa que a xente debe comprender é que o artista crea porque debe crear, porque posúe a súa arte. O artista é soamente unha pequena, pequenísima parte do universo, e non merece mais atención que os outros elementos que compoñen o universo, e que como a obra de arte, proporcionan ledicia, consolo, emoción, paz."

No hay comentarios: