6/6/11

Esculturas en Chicago (V): Moore




Tras visitar a Robie House, achegámonos ata o Campus da Universidade de Chicago para contemplar unha obra de Henry Moore (hai varias nesta cidade, e teño fotos con todas, já, já), Enerxía Nuclear. Con esta escultura pretendíase conmemorar o 25 aniversario da primeira reacción nuclear en cadea e controlada, que fora realizada por un grupo de físicos encabezados por Enrico Fermi.


A obra foi colocada sobre o lugar onde se fixera o experimento.


Podería pensarse que esta escultura, realizada en bronce, representa unha nube de fundo coroada por un cranio humano, mais o Moore, parece ser que lle dixera a un amigo o seguinte: “agardo que os espectadores camiñen ao redor da estatua observando os espazo abertos e que tiveran a sensación de estar nunha catedral” .




Fotos: INICIARTE

No hay comentarios: