Inaugurada o 28 de novembro de 1984, o “Monumento permanente con Bestia” do francés Jean Dubuffet, está situada fronte ao James R. Thompson Center (centro comercial onde todo un lateral e a cuberta son transparentesl). Polo sur ten o City Hall polo que fai un poderoso contraste entre a escultura máis actual e a arquitectura que se inspira no pasado. É unha de dez toneladas, con case nove metros de altura e foi elaborada en fibra de vidro.
Nesta obra combínanse o grafite, a caricatura e a linguaxe da rúa, mesturándose un pé, unha árbore, un portal e unha forma arquitectónica. Esta foi unha das dezanove obras que financiou o Estado de Illinois nun programa de arte. Na segunda fotografía pódese apreciar o que probablemente sexa o rañaceos máis feo de todo Chicago entre os construidos nos últimos anos; o deseñador... Ricardo Bofill.
Fotografías: INICIARTE
No hay comentarios:
Publicar un comentario