10/2/11

Florencia, berce do Renacemento segundo Vasari



"A benigna nai natureza acostuma, cando fixo unha persoa excelente nalgunha profesión, a non facela soa, senón ao mesmo tempo, e xunto a aquela, facer outra para que compitan entre si, e para que poidan favorecerse mutuamente na virtude e na emulación, e dar impulso con excelencia ás artes nas que obran, en beneficio do universo. Aparte do singular beneficio dos que compiten en algo, isto acende tamén os ánimos dos que veñen logo desa idade a traballar en todos os estudos e en todos os oficios, e gañar esa honra e esa gloriosa reputación que continuamente oen eloxiar nos que viviron con anterioridade. Que isto é verdade demóstrao o feito de que Florencia produza nunha mesma época a Filippo (Brunelleschi), Donato (Donatello), Lorenzo (Ghiberti), Paolo Ucello e Masaccio, excelentísimos cada un no seu xénero, época que non só desterrou os estilos bastos e rudos que subsistiran ata ese momento, senón que, grazas ás súas fermosas obras, incitou e acendeu tanto os ánimos dos que viñeron despois, que as obras destes oficios alcanzaron esa grandeza e esa perfección que se pode contemplar nos nosos tempos. Polo que verdadeiramente temos unha débeda singular cos primeiros, que mediante os seus esforzos mostráronnos o verdadeiro camiño para alcanzar o grao supremo".


Giorgio Vasari. Las vidas de los más excelentes arquitectos, pintores y escultores italianos desde Cimabue a nuestro tiempos. Madrid, Tecnos, 2001, páx. 207.

No hay comentarios: