21/11/10

Unha foto de máis de 800.000 euros



Unha das imaxes máis míticas da fotografía de moda acaba de alcanzar a marca mundial para un traballo de Richard Avedon. A imaxe da modelo Dovima, vestida cun traxe de noite de Dior e rodeada por elefantes, foi adxudicada este sábado en París por 841.000 euros.

A poxa -organizada en París pola casa Christie's e dedicada exclusivamente a traballos de Avedon- puxo á venda o maior lote poxado de imaxes da artista. En total, recadou 5,467 millóns de euros, fronte aos entre 3 e 5 millóns que calculara a casa de poxas.

A fotografía de Dovima, única polo seu gran tamaño, foi tomada en 1955 no Cirque d'Hiver de París. A súa venda superou todas as estimacións, que calculaban que se vendería por 400.000 ou 600.000 euros.

A anterior marca dun traballo do fotógrafo, falecido en 2004, remóntase a fai cinco anos. Tratábase dunha fotografía dos Beatles.

Todas as 65 imaxes de Avedon a poxa atoparon comprador entre os asistentes.
Texto e foto vía El Mundo.

No hay comentarios: