13/4/10

O Centro George Pompidou


Isto de Iniciarte é unha continua sorpresa. Non abonda co traballo que me poño, coas miñas fotos… Unha amiga parisina, residente en Negreira, fíxome unha inmensa colección de fotos de París para este blog.
Vexamos pois unha das súas obras fotografadas, o Centro Nacional de Arte e Cultura George Pompidou.



Desde a Praza George Pompidou
Deseñado polo británico Richard Rogers (que magnífica exposición houbo no Caixafórum de Madrid no verán pasado) e polo italiano Renzo Piano foi construído entre 1972 e 1975. Inaugurado en 1977 e reformado en 1999. Foi toda unha revolución. No centro de París ao carón da Ille da Cité, do Hòtel de Ville xurdiu un novo concepto de edificación na capital francesa. Un edificio sen muros, sen agochar nada, onde o esqueleto da construción amósase coma unha andamiaxe polo exterior, como sen non houbera fachada. Os andares foron realizados con planta libre, adaptándose ás necesidades expositivas do centro cultural.
Trátase dun edificio en dous partes :
1. unha infraestrutura de tres niveis onde se reagrupan os locais técnicos e de servizo,
2. unha ampla superestrutura de vidro e aceiro de sete niveis, incluíndo a terraza e a entreplanta, que concentra a maioría dos sectores de actividade do Centro, coa excepción do Ircam, situado na praza Stravinsky.




Desde a Rue Beaubourg

O armazón metálico está formado por 14 pórticos que sosteñen 13 tramos cunha luz de 48 m cada unha, espaciadas por 12,80 m. Sobre os postes, en cada nivel, articúlanse elementos de aceiro moldeado denominados gerberettes, de 8 m de lonxitude e 10 toneladas de peso.
As vigas, dunha lonxitude de 45 m, apóianse nestas gerberettes, que transmiten o peso aos postes e equilíbranse mediante tirantes ancorados en barras. Cada planta ten unha altura de 7 m entre chan e teito. A superestructura de vidro e aceiro envolve os grandes espazos camuflados.




Desde Notre Dame
Foi o primeiro gran emblema da arquitectura high tech, da arquitectura que pode facer dos novos materiais construtivos os elementos decorativos, onde o cristal e o metal poden semellar unha serpe que ascende polo edificio (mirade as escaleiras automáticas do exterior.
Información sobre a arquitecura do edificio na páxina web oficial do centro.






Desde o interior

Adicada á miña gabachiña preferida. Bisous.

3 comentarios:

Sarinsky dijo...

Preciosa entrada!!
Que ganas tengo de visitarlo.

Besos

clariana dijo...

Me encanta este edificio por sus estructuras tan a la vista y ese efecto tan fantástico que tiene de poder imaginarte que estás viendo algo diferente a un edificio convencional, con esas enormes "tuberías", esos entramados que se conjugan con las ramas de los árboles y esos elementos que nos recuerdan a los barcos.
Hace unos años tuve ocasión de pasear por dentro y por fuera de este edificio y ver alguna que otra exposición, pero lo que realmente me cautivó fue el edificio en sí. Saludos afectuosos.

J. A. dijo...

Interesante blog de arte compañero. Saludos