15/3/10

Gaudí e a Casa Milá (II): Unha obra manifesto



--> -->
Casa Milà – A Pedreira (1906-1910)
Passeig de Gràcia, 92
Barcelona

Xunto coa Casa Batlló, a Casa Milá constitúe o paradigma da arquitectura gaudiniana segundo entenden os especialistas. Persoalmente tamén engadiría a Cripta da Colonia Güell. Foi Pedro Milá Camps, casado cunha viúva dun rico indiano, quen lle encargou en 1906 esta obra co seguinte encargo”…a quero de pedra, pero coa xuntas douradas, cousas que non se fixo nunca”.

Esta familia era unha das máis ricas da cidade e quería amosar o seu poderío económico no Paseo de Gracia, nun solar de grandes proporcións e onde se estaba a concentrar a arquitectura máis novidosa da capital catalá.

Gaudí, nacido en Reus como a dona de Pedro Milá, a señora Roser Segismon, xa tiña un grande prestixio na cidade posto que xa edificara a maior parte da súa obra.


A casa Milá está deseñada como dous bloques de vivendas con accesos diferenciados, está organizada en torno a dous patios interiores intercomunicados que permiten a ventilación e iluminación de todas as vivendas. A casa vai estruturada con piares, polo tanto é de planta libre e con grandes vans na fachada que ficou liberada das tradicionais funcións de muro de carga.

No edificio non hai liñas rectas (nin tan sequera para os pasamáns das escaleiras), hai unha curva continua, un movemento dinámico que fuxe das esquinas, amosando unha linguaxe rupturista na súa época por ser moi innovadora tanto nos seus aspectos funcionais como nos construtivos e ornamentais.


O edificio susténtase cun complexo sistema de vigas e tirantes de ferro. Xa ficou demostrada a colaboración de Josep María Jujol nesta obra, moito máis novo que Gaudí (vintesete anos menos), Jujol vai dar a súa impronta artesanal e decorativa á obra.
Recibe o nome de “A Pedreira” polo seu aspecto de canteira de pedra ao ar libre. Como outra obras de arte non foi comprendida no seu tempo (alguén pode comprender a Gaudí, un arquitecto anacrónico, fóra da historia da arquitectura?). Mirade senón o debuxo (El verdadero destino de la casa del Sr. Milà y Pi. Publicado en "L'esquella de la Torratxa" o 4 de xaneiro de 1912) que caricaturiza o edificio como se fora un aparcamento para avións.
En 1984 foi declarada Ben Cultural Patrimonio da Humanidade.

2 comentarios:

clariana dijo...

Quan penso en Gaudí, m'imagino una altra època, potser més tranquil.la per a unes persones, més difícil per a la majoria...
Aquest edifici és una meravella de la corva, la seva façana destaca en tot el passeig de Gràcia (avui casualment l'he vist) per fora, ja que per dins també, però fa temps.
M'agrada aquest espai, doncs puc escriure en català, crec que m'entendràs, como jo entenc el que dius en galeg, encara que no el se escriure ni parlar. Adéu.

Antonio Martínez dijo...

Estic encantat que comentis en el teu idioma. Però te avís que hi ha diverses entrades preparades sobre aquest al·lucinant edifici.