22/2/10

Oleiros: vivenda unifamiliar na rúa Ventoeira (Montrove)

Formigón e madeira. Luz e auga. Forza e sensibilidade. Beleza e razón. Patio interior e piscina protexida. Espero que vos guste.





6 comentarios:

Sarinsky dijo...

¿Gustar dices?.....a mi me encanta!!
Algún dia...

Saluditos

Anónimo dijo...

¿E por dentro que tal?. Porque a min o que me gusta ver das casas é o interior....

Antonio Martínez dijo...

Sara: tamén me gusta un montón.
Marina: cando coñeza aos donos e me deixen entrar te aviso.

Ruth dijo...

A mistura de materiais é dunha sobriedade impecable. Como non nos vai gustar?

Que opinas das cores da nova Escola de Danza de Perillo?

Antonio Martínez dijo...

Ruth: aínda non coñezo o edifico por dentro. Por fóra as súas cores resúltanme atractivas.

Ruth Yebra dijo...

Pois a mín paréceme que a estética tan industrial do edificio, que me gusta moito, non pega con esas cores tan agresivas e con ese contraste tan forte co negro. Tampouco me parece que lle vaia ben a unha escola de danza, aínda que sexa para nenos. Eu asocio a danza a algo fermoso, grácil, tan elegante e sobrio que estaría moito mellor representada con cores máis moderadas, quizáis da gama dos grises. (Estos están moi ben para algo tipo "Disco Pazos" en Laracha). Claro que é a miña humildísima opinión.

Gústame o teu blogue, parécese moito a idea de blogue que eu quería facer para os meus alumnos. Pero eu non me atrevo a poñer exemplos de feísmo autóctono aínda que me encantaría.

Preguntábame se ti viñeches ó CPI de Coristanco hai dous cursos a explicar como funciona a vosa biblioteca porque me sona a túa cara.

Perdoa toda esta parrafada.