26/2/10

As meninas: a reportaxe de Juan Carlos Ortega

As meninas de Velázquez, a representación da arte española por excelencia, a obra máis recoñecida do "pintor dos pintores". Juan Carlos Ortega intenta descubrir que pasa nesta escena tantas veces interpretada. O misterio dun espello que reflicte aos reis non presentes no cadro, a ousadía dun pintor de corte retratado xunto á realeza a mediados do século XVII, o momento paralizado dunha escena da corte. Os expertos falan de "Un cadro aberto e sen clasificación posible" e nós dunha obra que nos axuda a explicar mellor que ningunha a intención deste programa, unha obra cunha metade invisible en si mesma. Grazas á axuda de expertos como Javier Portús, Rocío Dávila, María Cruz de Carlos, Fernando Marías, Carmen Garrido e Malén Gual entraremos no aire das Meninas, na forma de pintar de Velázquez, no ambiente da época, nas intencións do pintor e nas consecuencias dunha obra.


La mitad Invisible: Las Meninas




Desde a mediateca de Rtve.es

No hay comentarios: