28/12/08

Rostros: a exposición



No día de onte INICIARTE visitou a exposición ROSTROS na cúpula do Monte de san Pedro na Coruña. Serviunos de guía Pedro Ramos, home polifacético (guionista, autor teatral, guionista de televisión, novelista) que visitara no curso pasado a biblioteca do IES Afonso X O Sabio para impartir un pequeño obradoiro de creazón literaria e que nesta exposición encargouse da dirección de dous vídeos.

A exposición, que xurde da sempre poblada de ideas cabeza de Xosé Alfeirán, recrea os rostros dos restos humanos máis antigos aparecidos en escavacións arqueolóxicas na Coruña. Son tres mulleres de época tardo-romana (séculos IV-V).

Os rostros foron reconstruidos nun laborioso proceso científico e artístico a partir dos cráneos atopados na Rúa Real con traballo dos forenses e de artistas galegas.

A exposición está dividida nas seguintes seccións:


-FACIES: aproximación científica e artística aos cráneos procedentes de Brigantium.

-OSSA: información antropológica dos esqueletos.

-FUNUS: costumes e rituais funeraios romanos.

-NECRÓPOLES: zonas funerararias na Brigantium.

-SEPULCRUM: tumbas, placas e estelas funerarias de Brigantium.



No hay comentarios: