7/11/08

Santa Sofía de Constantinopla: dous vídeos


Esta igrexa é a creación máis madura da arquitectura bizantina e unha das máis grandiosas construcións do mundo. O seu deseño, di a tradición, foi inspirado por un anxo que conversaba a cotío co emperador Xustiniano. O templo, actualmente mesquita, foi levantado entre os anos 532 e 537, aínda que tivo que reedificarse en 562. Todo a edificación está condicionada pola enorme cúpula, de 31 metros de diámetro, e que é sostida por catro pechinas, catro grandes piares e outros catros menores. Unha das peculiaridades da cúpula de santa Sofia e que, ao contrario que o Panteón de Roma, non se asenta sobre un muro senón que parece ingrávida xa que no seu tambor hai vans, máis fiestras que muro. É unha cúpula que flota sobre a luz.

Esta basílica marca un auténtico fito na evolución técnica e estilística da historia da arte.




2 comentarios:

Sarinsky dijo...

A mi me parece que me gusta más la San Vital de Rávena...¿será algo normal teniendo en cuenta que al 92% de la población mundial le gusta más Santa Sofía?

Antonio Martínez dijo...

Son distintas. SNon coñezo persoalmente Santa Sofía e si San Vital, e podo dicirche que a sensación ao contemplar e admirar os seus mosaicos foi indescriptible.