12/11/08

Nova estrutura e organización da proba de Hª da Arte nas PAAU


Segundo podemos ler na Ciuga hai modificacións moi importantes na proba de seleitividade. Déixovos o texto completo:

"O modelo de exame terá unha pequena modificación respecto ó empregado no curso anterior: En vez de propoñer dúas opcións para escoller unha, proporanse dous bloques: un de antigo e medieval e outro de moderno e contemporáneo. Cada bloque constará de dúas láminas das que o alumno terá que escoller unha e comentala segundo os seguintes apartados:
A.- Un punto pola súa catalogación sinalando cultura/estilo/movemento; cronoloxía; obra; e autor, se procede.
B.- Outro punto pola análise do contexto histórico-artístico.
C.- Finalmente dous puntos por analizar e xustificar a obra seguindo os enfoques metodolóxicos da historia da arte.
O exame completarase, como o ano pasado, coa formulación de oito preguntas de definición de conceptos (véxase o apartado Vocabulario de conceptos artísticos), das que os alumnos terán que escoller tan só catro, que puntuarán a 0,50 puntos cada unha. A diferenza do que ocorría no antigo programa de COU, non existe unha lista de láminas, non obstante estas escolleranse entre as máis representativas do período ou dos artistas estudalos. "

2 comentarios:

Luis dijo...

Entonces ¿es más fácil? Pues vaya...

PD: Saqué 8,5 (pedazo de notable) en el primer examen de la universidad, en Lógica I. No tiene nada que ver con la entrada pero me apetecía contarlo porque estoy muy contento.

Antonio Martínez dijo...

Iso é un sobresaliente de toda a vida. Xa llo direi a José Luís. Parabéns escritor.