30/10/08

Arquitecturas da provincia da Coruña. Ferrol

Hai xa uns días unha amiga, unha compañeira, agasalloume co libro de J.R. Soraluce e X. Fernández (que curta vida tivo e que tráxica morte padeceu) “Arquitecturas da provincia da Coruña. Ferrol” co gallo dos cento cincuenta anos da declaración de Ferrol, a súa vila natal, como cidade. Curioso acontecemento: celebra ela algo, e faime, a min, un agasallo. Debo ser un impresentable por non ter acontecido ao revés.

Esta monografía, ao igual que toda a colección editada pola Deputación da Coruña, presentan, non só a arquitectura da cidade departamental, senón que amosa un pormenorizado estudo sobre a historia e o urbanismo de Ferrolterra, con interesantes apartacións sobre a xeografía, a demografía e a socioloxía.

É un libro imprescindible para o coñecemento do Ferrol da Ilustración, ese que fai o impoñente Arsenal, do Ferrol modernista, co arquitecto Rodolfo Ucha Piñeiro e do Ferrol da actualidade tras a crise da reconversión industrial.


Moitas Grazas Loly.

2 comentarios:

Loly dijo...

É só un pequeno detalle da celebración dos 150 anos do meu pobo como cidade "contra" a celebración dos 20 anos dunha grande AMIZADE!!!!!

Antonio Martínez dijo...

Cando a nosa amizade teña 150 anos tamén penso agasallarte cun libro da miña cidade, que por aquel entón xa terá 950 anos.