En 1799 Thomas Bruce (1766-1841, sétimo conde de Elguin foi designado embaixador británico en Constantinopla. Desde, a por entón capital do Imperio Turco, podería por todo o imperio otomano, incluído Grecia que aínda non acadara a súa independencia. Estando en Atenas conseguiu o permiso do sultán para, en primeiro lugar facer uns debuxos e uns valeirados dos relevos do Partenón (1801) e, logo, paara arrancar a maioría das metopas, do friso das Panateneas e das esculturas do frontóns.
Para acadar todos estes permisos houbo que recorrer a sobornos e compra de favores, intervindo para iso desde o capelán da embaixada británica ata o seu secretario. Deste xeito, e durante un ano, traballaron entre trescentos e catrocentos homes para levar todas estas obras ata o porto de Atenas co obxectivo de embarcalas ata Inglaterra.
Así en 1803, cando Lord Elgin foi chamado a Londres, levaba con el duascentas caixas coa maioría das figuras do frontón oriental, quince metopas, cincuenta e seis fragmentos do friso das Panateneas, unha cariátide do Erecteion, catro fragmentos do friso do templo de Atenea Niké e outros elementos da Acrópole.
Tras o seu paso por Roma (onde o xa afamado escultor Canova poderá admirar os debuxo do expolio), o nobre británico foi feito prisioneiro. Finalmente os buques viaxaron con destino a Inglaterra, naufragando un dos dous buques (a súa carga sería recuperada dous anos despois). En 1807 gran parte dos mármores xa están en Londres, sendo instalados na vivenda do lord en Park Lane. Os restantes mármores chegarían en 1812.

Desde entón Lord Elgin tivo unha mala “racha”. Por unha banda cuestionábase a calidade artística, e mesmo a orixes dos mármores pois chegouse a afirmar que eran copias romanas, e por outra creíase desproporcionado o xustiprezo das mesmas. Por unha mala situación económica Lord Elgin desexaba poder vendar as obras expoliadas para, deste xeito, resarcirse do elevado custe das obras en Atenas e do transporte marítimo. Grazas á chegada a Londres de Antonio Canova, quen certificou a autenticidade e o valor artístico, o Parlamento Británico, en 1816, autorizou a súa adquisición polo Museo Británico mais á metade do prezo solicitado polo diplomático.
No hay comentarios:
Publicar un comentario