O friso, como as metopas, percorría os catro lados do edificio, aínda que polo interior da columnata. O tema representado nel era a procesión das Panateneas, unha gran cerimonia na honra de Atenea, ou polo menos varios dos detalles alí representados corresponden aproximadamente ao que se coñece desa cerimonia. O seo comezo estaba representado na esquina do sudoeste, cos xinetes montando a cabalo; polo lados norte e sur víanse animadas cabalgatas de xinetes e carros, homes con bandexas e conducindo animais ao sacrificio. No lado leste ía a solemne a procesión das doncelas, recibidas polos maxistrados; a cerimonia culminaba na entrega do peplo para a estatua de Atenea en presenza dunha asemblea de deuses. Nesta longa composición de figuras en marcha non hai trazo algún de monotonía, posto que as actitudes animadas e serenas están combinadas con gran efectividade.
Dominábase xa perfectamente o escorzo, contraéndose a parte máis distante das figuras, divididas en planos que se alonxan gradualmente. Por outra parte, aínda que en toda composición apreciase a uniformidade do plano frontal, as distintas profundidades do relevo conseguen dar a impresión de que as figuras están paradas ou se moven unha xunto a outra. Así nas cabalgatas un grupo de xinetes aparece avanzando en fila, cun efecto moi veraz. O antigo concepto bidimensional deu lugar ao tridimensional, téndose conseguido reflectir fielmente a impresión de profundidade.
Texto: Gisela M. A. Richter. El Arte Griego. Destino. Páx. 111-116.
Fotos: Iniciarte
No hay comentarios:
Publicar un comentario