26/9/08

A arquitectura grega: O Teatro de Epidauro

Sobre a ladeira do monte Kynortion, cerca do pobo de Ligurio, na costa este da histórica rexión do Peloponeso, atópase o teatro máis coñecido e mellor conservado da Grecia clásica. Trátase do teatro de Epidauro, proxectado por Policleto o Mozo a mediados do século IV a.C. e declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1988. Epidauro fíxose famosa por estar moi preto do santuario de Asclepio.


Para a súa construción utilizouse un desnivel natural do terreo de 24 metros para edificar unha cuncha de 120 metros de diámetro que se divide en dúas zonas. A parte inferior do hemiciclo está dividida en 12 cuneus cunha trintena de bancadas cada un mentres que na zona superior atópsanse 22 cuneus con 20 bancadas cada un. En total podía albergar ata 15.000 espectadores que dispuñan de dous tipos de asentos: os do pobo consistente nas propias bancadas e os das personalidades políticas, con respaldo e brazos.

No centro se situa a orchestra -área circular e plana onde o coro cantaba e bailaba- e que ao princpio tiña un altar no centro. Non debemos esquecer a orixe relixiosa e musical do templo grego. Detrás da orchestra se situaba a escena que nun princpio tiña funcións de vestiario e almacén. Co paso do tempo as representacións teatrais acabarían desarrolándose na escena, adquirindo protagonismo o proescenio, plataforma elevada que se situaba entre a orchestra e a escena e a que se accedía a través de ramplas laterais.

A configuración do hemiciclo é todo un exemplo de harmonía e de, aparente, simetría. Con todo, e do mesmo xeito que sucede nos templos, hai algunhas correccións visuais: diferentes anchuras nos diversos sectores da cávea ou na súa curvatura.

A acustica de Epidauro é excepcional, permite aos últimos espectadores de arriba das bancadas oír e distinguir aos actores falando en voz baixa. A visión é magnífica desde calquera asento do teatro.

O teatro e o santuario foron saqueados en 267 e en 395. Con todo, os estragos non foron moi graves. De todos os teatros antigos, o teatro de Epidauro é o mellor conservado e está pouco restaurado. O bosque de piñeiros co que estaba recuberto conseguiu que non fose destruído. Ata principios do sigloXIX, o teatro considerábase desparecido. Despois un viaxeiro inglés, W. Gell, rebelou o plano das ruínas.

Neste mítico lugar onde a independencia de Grecia foi proclamada en 1822. Desde 1954, o teatro de Epidauro acolle cada verán o Festival Anual de Teatro Heleno, no que se exhiben diversas representacións teatrais en clave de comedia ou de traxedia.

Podedes ampliar a vosa información sobre a súa acústica en
Acusticaweb.











No hay comentarios: