8/7/08

A UNESCO declara 14 covas rupestres españolas Patrimonio da Humanidade


O xornal El País, ao igual que todos os diarios publica hoxe a seguinte nova:


Este recoñecemento inclúese como ampliación da declaración da Cova de Altamira, conseguida no ano 1985 Catorce covas rupestres de cornixa cantábrica foron declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

As grutas, que se atopan repartidas entre Cantabria, Asturias e o País Vasco, entrarán a formar parte da declaración da Cova de Altamira, conseguida en 1985. O anuncio produciuse este luns na cidade canadense de Québec, onde se está celebrando a 32ª Conferencia do Comité do Patrimonio Mundial da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO). Trátase das covas de Chufín, Fornos da Pena, O Castelo, A Pasiega, As Moedas, o Pendo, A Garma e Covalanas en Cantabria; as vascas de Santimamiñe (Kortezubi), Ekain (Zestoa) e Altxerri (Aia); e as asturianas de Tito Bustillo, La Peña de Candamo, Llanín e o Pindal. Aínda que as covas de Santimamiñe, Ekain e Altxerri atópanse pechadas ao público debido a programas de protección e conservación das pinturas, no caso de Santimamiñe desde a pasada primavera pódese realizar unha visita virtural. En canto á cova de Ekain, estanse ultimando as obras para a apertura ao público da réplica Ekain Berri, construída a escasa distancia da cova orixinal.

A candidatura das covas foi promovida polos Gobernos do País Vasco, Cantrabria e Asturias como parte da declaración de Altamira, xa que se esta forma a prouesta tería máis opcións de ser admitida pola UNESCO. A proposta baseábase no número e a densidade das cavernas decoradas que poden atoparse nesta zona do norte de España, o seu bo estado de conservación, o seu rico repertorio iconográfico, a diversidade de técnicas e estilos que reúnen e a antigüidade dunhas pinturas que converten a cornixa cantábrica nun dos lugares onde tivo lugar o nacemento da arte parietal. A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura valora especialmente a posta en contexto dos elementos declarados Patrimonio da Humanidade, máis aínda cando todos estes elementos forman parte dunha mesma expresión cultural humana.

Foto: Cova de Tito Bustillo. Axencia Efe.




No hay comentarios: