2/7/08

O "Estudo da cabeza de George Dyer" de Bacon vendeuse por 17,3 millóns de euros

O xornal El País publica hoxe a seguinte nova:


A obra "Estudo da cabeza de George Dyer" de Francis Bacon cumpriu coas expectivas que xerara a súa saída ao mercado e alcanzou os 17,3 millóns de euros nunha poxa celebrada a noite de onte na casa Sotheby's de Londres.


O cadro, que retrata ao que foi o gran amor do artista desde mediados dos anos 60 ata o seu suicidio, superou os pronósticos iniciais que situaban o seu prezo de venda nos 10 millóns de euros .George Dyer suicidouse con barbitúricos unha noite de 1971. A mesma noite que o pintor Francis Bacon, quen desde 1964 era o seu gran amor, estreaba unha gran exposición no Grand Palais de París. Da tormentosa relación entre o iletrado Dyer e Bacon xurdiron varias obras mestras do artista dublinés, falecido en Madrid en 1992.

Esta poxa celebrada en Londres foi tamén especial porque era a primeira vez que o Estudo saía á venda, xa que foi adquirido polo actual dono directamente á galería Marlborough só dous meses despois de que Bacon pintáseo en 1967. Do mesmo autor, tamén será poxa a obra "Figura virando" (1962).

2 comentarios:

Sarinsky dijo...

Interesante pero hay algo que no me quedó claro...eran 2 hombres?(nada en contra que conste)
Sinceramente es una obra impactante.

Antonio Martínez dijo...

Eran dúas persoas en corpos masculinos