Estas dúas grandes pezas de Antonio López, primeiro conxunto escultórico de carácter monumental de Antonio López, xa están na Estación de Atocha.O proxecto xurdiu en 2002, cando o Ministerio de Fomento e Renfe propuxérense reformar a emblemática estación ferroviaria. As esculturas representan a cabeza de Clara, unha das neta do artista manchego, durmida e desperta. As dúas pezas conforman unha unidade tal como explicou o pintor ás axencias de prensa: "xuntas, do mesmo tamaño da mesma nena, e da mesma idade, suxeríanme o paso do tempo, o día e a noite".
As esculturas, realizadas en bronce, son dunha proporción totalmente monumental de tres metros, que supera a escala do viaxeiro que contemple as pezas. Antonio López optou porque se situasen na zona de chegadas do AVE por considerar que este espazo ía servir de contraste: un lugar que se supón inhóspito e frío sorprende co contraste da presenza das obras.
Fotos: Europa Press, EFE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario