Os pasados días 3, 4 e 5 de xullo INICIARTE, tivo a posibilidade de participar no III Encuentro Edublog, actividade organizada por Aulablog, un dos referentes educativos da blogosfera. Este encontro estivo dedicado ás “Redes sociais e a educación” en el destacou a videoconferencia da profesora da Universidade Carlos III, Tíscar Lara, a charla de Jon Igelmo sobre emprego dos blogs como ferramenta educativa e a conferencia final final de Juan Freire sobre a cultura dixital.
Ademais podemos gozar de moitas experiencia realizadas por docentes. Lembrar, como non, a amosada por Loly Lago, webmáster do O Segrel do Penedo, quen nos falou da imprescindible relación entre as bibliotecas escolares e a web social. Tamén foi moi emocionante a experiencia do blog Chicass10 (tedes que coñecelo, por favor), así como o Proxecto Chirón dedicado á didáctica da cultura clásica.
Ademais tivemos tempo para aprender a traballar co Moodle, tempo para rir, para cantar.... En resume uns xornadas moi proveitosas. O vindeiro ano repetiremos a experiencia en Getxo. Ata o vindeiro ano!!!
1 comentario:
Me alegro de que fuera una experiencia agradable!!
P.D: al final no me subieron nada en arte los muy ineptos. No puedo de verdad...es superior a mi!!!!!
Saludos
Publicar un comentario