Hoxe Martes, o Museo del Prado vén de inaugurar a exposición “El retrato del Renacimiento”. Amósanse 126 obras de 70 artistas, moitas das cales nunca foran expostas con anterioridade en España. A relación dos pintores é impresionante: Rafael, Ghirlandaio, Durero, Tiziano, Jan van Eyck, Holbein, Giorgone, Pantoja de la Cruz... E, por suposto, non podía faltar Arcimboldo coas súas extravagantes propostas. As obras expostas abranguen desde o 1400 ata o 1600.
Esta mostra está organizada conxuntamente coa National Gallery de Londres e patrocinada pola Fundación AXA.
Ata o Renacemento o retrato non foi obxecto de estudo e práctica polos pintores. Foi Simoni Martini que en torno ao 1335 fai o primeiro retrato que se poda considerar como tal na pintura occidental e desde entón este xénero pictórico foi adquirindo unha madurez e unha autonomía salientable. Nun principio eran obras de pequeno formato realizadas para non seren expostas. Co paso do tempo os retratados xa non serán exclusivamente as persoas con máis recursos e aumentarán os tamaños das teas. Os retratados desexarán amosar os seus oficios, as súas afección ou as súas crenzas polo que serán obras que van requerir dos artistas unha ampla gama de recursos compositivos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario