8/5/08

San Miguel de Breamo: a forza do románico



Nesta semana que remata, INICIARTE tivo a sorte de poder acompañar ao grupo de docentes que forman o GBI (Grupo de Bibliotecas Intercentros) a visitar a igrexa de san Miguel de Breamo en Pontedeume. Estes docentes manteñen tres blogs sobre bibliotecas escolares: A Nosa Biblioteca, Biblioafonso e O Segrel do Penedo.






Esta pequena pero poderosa igrexa románica, está situada sobre o outeiro que domina a desembocadura do río Eume. É un exemplar de forte arquitectura, dunha soa nave, cruceiro e tres capelas absidiais. De cuberta abovedada con estructura de arcos apontados, algún apoiados sobre columnas adosadas e outros sobre ménsulas con chapitel. Ás capelas laterais accédese por arcos de medio punto.




Na súa fachada ten escasos vans, agás uns fermosos rosetóns e varias xanelas de saetera. As portas son sinxelas, con molduras e tímpanos escasamente decorados. Toda a edificación está realizada con potentes perpiaños de granito, tanto os muros como os grosos contrafortes prismáticos, sobre basamentos escalonados.




A decoración está centrada no exterior nuns desgastados canzorros. No interior destacan os numerosos chapiteis de variada temática así como as basas das columnas.





3 comentarios:

Sarinsky dijo...

Como tu mismo pusiste en el título: la fuerza de lo románico!!
Por cierto el rosetón es uno de los más bonitos que he visto hasta ahora.

Antonio Martínez dijo...

Só a falta de tempo impediume facer un post máis amplo a esta espectacular igrexa.

O Segrel do Penedo dijo...

E o post sácalo o día da Festa de San Miguel, o patrón... Unha preciosa homenaxe para unha preciosa igrexa.