En 1550 díciase sobre Miguel Anxo:
Pero o que tanto entre os mortos como entre os vivos leva a palma, e excédelles e domina a todos, é o divino Miguel Anxo Buonarroti, que ten a primacia non só nunha destas artes senón nas tres xuntas (...) E cos esforzos de tan bela e frutífera planta estendéronse xa tantas e tan honrosas polas que (...) ben pode dicirse con toda seguridade das súas estatuas que, en calquera das súas partes, son moito máis belas que as antigas; recoñécese ao comparar cabelos, mans, brazos e pés, realizados por un e polos outros, que permanecen nas del un certo fundamento máis sólido, unha graza máis completamente graciosa e unha perfección moito máis absoluta, executada cunha dificultade tan fácil no seu xeito que é imposible xa ver nunca algo mellor.
Giorgio Vasari. Las vidas de los más excelentes arquitectos, pintores y escultores italianos desde Cimabue a nuestros tiempos. 1550
Para comprobar a súa grandeza escultórica observade a seguinte presentación sobre a Piedade do Vaticano, realizada en colaboración con O Segrel do Penedo. Os texto son de Vasari e as fotografías de Robert Hupka.
CAMILLE CLAUDEL
Hace 11 meses
1 comentario:
Una escultura practicamente perfecta....Miguel Ángel fue todo un maestro.
(Por cierto la presentación no se oye)
Publicar un comentario