Os pasados días 23 e 24 de xaneiro o alumnado de 4º e 2º da ESO, acompañado polo profesorado de Xeografía e Historia, visitaron a exposición ”Picasso: laboratorio de estilos: retratos femininos" na Fundación Barrié de la Maza.
Coa axuda de varios guías (fantástico traballo) o alumnado achegouse á particular visión da arte do xenial Picasso grazas aos 57 retratos de mulleres. O traballo dos guías foi fundamental para:
- coñecer o paso de Picasso pola Coruña, onde desenvolve os seus primeiros traballos académicos amosando o dominio do debuxo (¡mesmo chegou a pintar unha Torre de Hércules!),
-comprender a importancia do cubismo na arte e como Picasso asumía a ausencia da profundidade nos lenzo amosando diferentes puntos de vista sobre unha superficie plana.
-valorar as ligazóns entre a arte de Picasso e as súas relacións coas as mulleres que formaron parte da súa vida.
Tras a visita guiada á exposición, o alumnado participou nun obradoiro activo tratando de reflectir o mundo picassiano sobre unha cabeza de maniquí. O resultado é estupendo. Parabéns polo traballo.
Máis fotos en ies.afonsox
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario