1/3/13

Visita a Santa María de Cambre



NOTA: O seguinte texto foi redactado pola alumna Lidia Mantiñán.

O pasado día 28  visitamos a igrexa de Santa María de Cambre para observar con detalle as súas características, guiados da man de Ramón Boga, director do Museo Arqueolóxico de Cambre

Esta xoia da arte románica galega aseméllase en moitos dos seus trazos á catedral da capital galega, Santiago de Compostela. Podemos encontrar eses rasgos composteláns nas  archivoltas que conforman a portada occidental, nos piares adosados a semicolumnas que se atopan  no interior, na carola ou deambulatorio que identifica ás igrexas de peregrinación como esta, e as tres naves coas que conta, característica pouco común nas igrexas de pequeno tamaño como é o caso. Na parte oriental, rodean á cabeceira cinco absidiñas con detalles protogóticos como arcos apuntados ou bóvedas nervadas, resultado dos múltiples fregreses e arquitectos que puideron pasar por alí no momento da súa construción. 

Respecto ao labor escultórico cabe destacar o frontón da portada principal onde se atopa Cristo representado como un año facendo referencia ao Antigo Testamento. Tamén a multiplicidade de animais como símbolo de pecado das archivoltas que nos transmiten a mensaxe de ter que deixar este mundo de guerra para entrar ao interior, a casa de Deus. Na archivolta exterior podemos ver a  Daniel, como protagonista de Antigo Testamento. Nos capiteis historiados das xambas da mesma portada atopamos esceas como a do xuízo final onde se encontrar o arcanxo San Miguel e o demo.

A única mágoa de esta didáctica visita a Santa María de Cambre foi non poder contemplar de cerca a Hidria de Xerusalén por se atopar na exposición "Gallaecia Petrea" da Cidade da Cultura de Santiago.


Rematamos a mañá cunha breve visita ao centro de interpretación  do xacemento romano de Cambre.

1 comentario:

Gonzalo Durán dijo...

Enhorabuena a Lidia por su comentario, breve, conciso, directo, ordenado, claro y muy bien redactado.Saludos, Gonzalo.