26/5/11

Esculturas en Chicago (II): Miró


Orixinariamente esta obra foi coñecida como O sol, a Lúa e unha estrela. Ten unha ducia de metros de altitude.






A realización desta obra de Miró semella un conto de nunca rematar pois xa en 1961 pensárase no artista catalán para o deseño dunha escultura con destino a ese pequeno e céntrico lugar (diante do edifico do Condado de Cook) é dicir, a Praza Brunswick. Tras visitar a cidade, Miró presentou a unha comisión a súa proposta escultórica que, por diversos motivos, non foi realizada ata 1980-1981. Aproveitouse o 88 cumpreanos do artista para, o 22 de abril de 1981, inaugurar a obra realizada con varios materiais: cemento, aceiro, cerámica e bronce.






Un modelo en bronce desta obra atópase no Museo de Arte de Milwaukee, que os seguidores de INICIARTE, xa coñecen.




Fotos: INICIARTE.

3 comentarios:

Rosa Rodríguez dijo...

Creo que como me toque a beca do MEC, vou ter un grave problema para escoller a cidade a onde ir...

Rosa Rodríguez dijo...

(Mira na entrada da 'despedida', deixei outro regaliño(?)Intentarei deixar comentarios máis seguido, prométocho!)

Antonio Martínez dijo...

Agardarei polos teu comentario, benquerida ex-alumna.