"O Santo Sínodo manda a todos os bispos e a cantos teñen o deber e a función de ensinar (…) que instrúan dilixentemente os fieis en primeiro lugar sobre a intercesión dos santos, sobre a súa invocación, a veneración das súas reliquias e o uso lexítimo das súas imaxes, ensinándolles que os santos, reinantes, xunto con Cristo, ofrecen as súas oracións a deus a favor dos homes (…) os que afirman que non hai que venerar nin honrar as reliquias dos santos, ou que a súa veneración e a doutros sagrados monumentos por parte dos fieis é inútil, e que é en van que se frecuenten os santuarios dos santos para implorar o seu auxilio, deben ser totalmente condenados, e do mesmo modo que xa os condenaba antes a Igrexa segue aínda condenándoos. Ensinen ademais que as imaxes de Xesús Cristo, da Virxe de Deus e dos demais santos deben ser expostas e conservadas, principalmente nos templos, e que debe tributárselles o honor e a veneración debidos; pero non é que deban ser honrados pola crenza de que reside nelas algunha divindade ou poder, ou porque haxa que pedirlles algo ou depositar nelas a confianza, como antano facían os xentís, que fundaban a súa esperanza no ídolos; senón porque o honor que se tributa ás imaxes vai dirixido aos prototipos que elas representan, de tal modo que, a través das imaxes que bicamos e ante as cales descubrimos a cabeza e nos postergamos, adoramos a Xesús Cristo e veneramos os santos a semellanza dos cales presentan. Isto ten sido sancionado polos decretos dos concilios, e sobre todo polos do II Sínodo de Nicea, contra os iconoclastas.
Ensinen tamén con dilixencia os bispos que, a través das historias dos misterios da nosa redención expresadas en pinturas e outras representacións, o pobo é ilustrado e confirmado na conmemoración e na asidua veneración dos artigos da fe; e tamén que se obteñen grandes froitos de todas as sagradas imaxes, non só porque se recordan ao pobo os beneficios e dons que se ten recibido a través de Xesús Cristo, senón tamén porque os milagres realizados por Deus a través dos santos e os seu saudables exemplos son postos baixo os ollos dos fieis, a fin de que por eles dean grazas a Deus e conformen a súa vida e costumes a imitación dos santos, e sexan estimulados a adorar e amar a Deus e a practicar a piedade. E se alguén ensinara ou crera o contrario destes decretos, sexa excomulgado… "
Concilio de Trento. Decreto sobre a invocación e veneración e das reliquias dos santos e sobre as imaxes sagradas. 1563
Concilio de Trento. Decreto sobre a invocación e veneración e das reliquias dos santos e sobre as imaxes sagradas. 1563
Ilustracións:
Bernini. Detalle do Éxtase de Santa Tareixa. 1647
Fernández. Detalle do Cristo xacente. 1614
2 comentarios:
Cada día me gusta más este blog, y me sorprende que haya nacido en el seno de un instituto tan cercano a mí. Sigue así, un saludo :)
Grazas, Peter.
Publicar un comentario