4/9/10

Vivenda unifamiliar en santa Cristina de Cobres (XIII)


Hai uns días o arquitecto Alfonso Fernández invitoume a visitar súa obra que se está a construír en Santa Cristina de Cobres (Vilaboa, Pontevedra) e da que INICIARTE foi dando conta desde os inicios da edificación. Lembro que o proxecto fora merecedor do premio GranDeArea da Delegación de Vigo do Colexio de Arquitectos de Vigo.

Pois ben, tras case nove meses sen dar conta da evolución desta vivenda (paralización temporal das obras, pequenas modificacións sobre o proxecto inicial, vacacións do verán…) podemos afirmar que a obra arquitectónica semella practicamente rematada. Faltan aínda detalles técnicos de carpintería (exterior e interior), colocacións das madeiras e grellas metálicas, levantamento de escaleiras interiores e exteriores, maquinaria da piscina e da calefacción e remate da zona auxiliar da piscina…

Sobre o tratamento paisaxístico da parcela estase á espera do remate das obras na vivenda para facer o estudo integral da mesma: horta, axardinamento, circulación de persoas e vehículos… Mais fica moi claro que se debe aproveitar o enorme potencial estético das grandes pezas graníticas aparecidas en varias zonas da parcela.

A impresión é fantástica: espazo común amplos, potenciación das vistas á ría, pureza de liñas e conceptos, emprego impecable das vigas e dos vanos, estudos pormenorizados das circulacións e usos futuros dos espazos. Unha vivenda tanto agradábel para o usuario diario como para o visitante.


Fotos dos exteriores da vivenda.
Apreciade a claridade formal e compositiva, a pureza de liñas e a perfecta comunicación entre o interior e o exterior da vivenda.



Fotos dos interiores da vivenda.

De arriba a abaixo a distribución e a seguinte: dormitorio principal con baño, vestidor zona de traballo e acceso á terraza; andar do medio con cuarto da limpeza, cociña, estudo, comedor e salón con acceso á zona exterior; baixo con dous dormitorios, baño e cuartos da maquinaria.



4 comentarios:

Cristina dijo...

Espectacular! Grazas por compartir!
Cristina.

Antonio Martínez dijo...

Grazas polo comentario, Cristina de Baiona.
Verdade que a vivenda ten boa pinta?

PACO HIDALGO dijo...

De nuevo Antonio despuestos a comenzar el nuevo curso, tras el merecido descanso estival. Espero que también tengas las pilas bien cargadas. Muy buena la entrada del mural de Lugrís. Seguiremos visitándonos. Un cordial saludo.

Anónimo dijo...

Pois si que ten unha boa pinta esta casa o que xa non sei e quen limpará toda esa maravilla acristalada, que como as mulleres sabemos... para que sexan bonitas deben estar moi limpas.
Alégrome de volver a lerte e tamén a verte.