Dependendo do lugar onde estean situados, hai tres tipos de castros: de interior (Viladonga), costeiros (Baroña) ou de montaña (Torre). Imos ver hoxe o máis espectacular destes últimos, o Castro de Vilar, en Folgoso do Courel (Lugo).
Está situado na aldeíña de Vilar (tres vivendas habitadas) e despois da ermida do lugar. Sitúase a máis de cincocentos de altura e conta cuns precipicios de máis de douscentos metros sobre o río Lor.
Parece ser que a súa orixe é xa de época romana, no século II a pesar de ter só construcións circulares. Tamén se di habitualmente que non foi abandonado definitivamente, como moitos outros castros no século V senón que tivo algún tipo de uso ata a Idade Media.
Ten una organización norte-sur, nunha coliña sobre un meandro do río Lor.
Conta con varios elementos estruturais claramente diferenciados:
-Para a súa defensa ten tres foxos sucesivos, una torre sobre o terceiro e una impresionante muralla de máis de dous metros polo lado máis inaccesible, o norte (aínda lembro as explicacións de Francisco Calo sobre este tipo de murallas innecesarias desde un punto de vista defensivo).
-Unha zona de socalcos na parte leste, seguramente destinada a cultivo ou a gardar o gando.
-Unha zona de habitación que consta dunha pequena superficie aplanada artificialmente cara ao oeste. Son una ducia de vivendas de plantas irregulares, con tendencia á circular, para una mellor adaptación ao pouco terreo dispoñible.
Na actualidade está totalmente abandonado e desprotexido. Tan só a súa ubicación e o seu difícil acceso actúan como elementos conservadores do noso patrimonio. Cada visitante é un posible agresor, consciente ou inconsciente.
Fotografías: as primeiras están tomadas desde Vilamor apreciándose claramente o meandro que forma o río Lor. As seguintes van segundo a orde da visita do sur (acceso) ata as vivendas (norte) e regreso.
4 comentarios:
Doy fe de que el autor trepó cuan cabra montesa para conseguir las bonitas imágenes que adornan su comentario.
un blog moi interesante, recomendoteo meu blog:http://viewsantiago.blogspot.com/
onde poderas achar infomacion acerca desantiago de compostela,a nivel cultural e artistico.todo en ingles quitando as cousas do noso pais, gz ceive!
norabo apolo blog
Seica a administarcion ten idea de facer actuacios de mellora no castro e roteiros oxala sea ceerto eu tenho prevista uma visita pola contorna mais non sei se atoparei o castro supoño sinalado din perto da hermida e logo......
Anxo é un lugar espectacular que atoprás moi doadamente desde a aldea de Vilar. Hai outros maravillosos na contorna (Torre, Ares...)
Publicar un comentario