A fachada non exerce de muro de carga e é unha estrutura autónoma conectada ao edificio mediante un complexo sistema de vigas e tirantes de ferro. Amosa un gran dinamismo. Ao non ser muro de carga posibvilita unha maior liberdade no deseño das vivendas e, polo tanto, adiántase ao concepto de " planta libre" de Le Corbusier.
Obra de absoluta plasticidade que fusiona a arquitectura coa escultura.
Hai especialistas que, afondando nunha visión organicista da obra de Gaudí, ven nesta fachada o corpo dun animal onde as columnas serían os osos e fachada a pel. Outros, sen embargo, cren ver as ondas do Mediterráneo con algas (forxados dos balcóns), unha montaña erosionada ou o manto da Virxe (debemos lembrar que a profunda relixiosidade do arquitecto levouno a deseñar unha escultura da nai de Cristo para culminar o edificio)
Tamén quero salientar que a altura do edificio incumpría as normas establecidas para o Ensanche barcelonés. De feito, arquitecto e promotores tiveron que afrontarse as ameazas de derrubo e ao pago dunha forte multa pola familia Milá. Hai quen pensa que esta altura viña dada pola idea do arquitecto de contemplar, desde a terraza, a outra obra que tiña en marcha, a Sagrada Familia.
Toda a fachada ten unha marcada horizontalidade. Persoalmente destacaría o tratamento do ferro dos balcóns.

1 comentario:
La façana d'aquest edifici és extraordinària, té molts angles de visió interessants y com tú dius la forja de les balconades s'acopla molt bé al conjunt.
En una gran ciutat desbordada per la quantitat d'edificis, de blocs en forma de prisma en general, trobar-te en el passeig amb un edifici tan sinuós, et fa aturar-te a contemplar-lo i mai no et canses d'observar en totes les direccions possibles. Et seguiré sempre que posis a Gaudí. Adéu.
Publicar un comentario