9/2/10

Brunelleschi: ¿realmente foi arquitecto?

Na historia da arquitectura o Renacemento figura como unha etapa clave por moitas razóns. E dentro dos arquitectos mais salientables sempre aparece Filipe Brunelleschi, mais podemos afirmar que fora un arquitecto con obra de seu? Xa Vasari na súa obra Vidas... fala dos “modelos”, é dicir das maquetas, de Brunelleschi máis que dos seus planos ou obras. Vaiamos por partes e analicemos unha por unha as obras que habitualmente son cualificadas como da súa autoría.


Cúpula da Catedral de Florencia


A obra mais salientable é a cúpula da catedral de Florencia. Xa é moi coñecida que a principios do século XV non se sabía como cubrir o cruceiro, que houbo que facer un concurso e que finalmente (Vasari relata con moita ironía o acontecido) foi escollido Brunelleschi a pesar de non presentar nin planos nin modelos da súa solución. Precisamente por este motivo colocáronlle a Lourenzo Ghiberti como colaborador. Este nomeamento sentoulle moi mal ao ego de Filipe (tíñase en elevada estima tal como lembra Vasari) polo que tan só elaborou unha memoria escrita e unha maqueta quedando Ghiberti como director das obras. Foi obra de Brunelleschi?


Hospital dos Inocentes


O Hospital dos Inocentes tamén aparece sempre vencellado ao nome do noso arquitecto (?) Este sería o seu primeira encargo arquitectónico. As obras comezaron no 1419. Pero que fixo realmente Brunelleschi? Segundo Vasari tan só realizou unha maqueta, mais o noso admirado historiador da arte G. C. Argán afirma que tan só elaborou un debuxo e que ademais non foi ben interpretado. Para o arquitecto restaurador do edificio en 1966 Brunelleschi tan só deixou o Hospital con tres corpos rodeando o claustro que corresponderían á igrexa, os pórticos e as habitacións dos nenos. Polo tanto non había o andar elevado da fachada, nin os tondos cerámicos, nin a longa escaleira dianteira da praza. Foi obra de Brunelleschi?


Capela Pazzi


Tamén moito tempo admirada a Capela Pazzi, ergueita no claustro de Santa Croce de Florencia. Vasari só alude á maqueta da capela. Cando morre Bruneleschi en 1446 estanse a levantar os muros e mesmo no 1461 aínda se estaba a traballar no tambor. Mesmo Argán fala de que probablemente partes da obra non reflictan exactamente o deseño orixinal. Foi obra de Brunelleschi?


Pazo Pitti


Pero mais chamativo, por non dicir dubidoso, é o caso do Pazo Pitti. Sempre se alude a el como obra do noso arquitecto (?) pero sabiades que tan só un documento anónimo alude a que Filipe foi o seu autor? As obras comezaron unha ducia de anos despois da súa morte. Sen embargo varios historiadores afirman que as obras xa principiaran cando Brunelleschi aínda vivía. En 1599 realizouse un cadro sobre o pazo polo que podemos apreciar como eran os perpiaños da fachada (o único construído ata entón) e por suposto non eran almofados tan é como os vemos hoxe en día. Probablemente o construtor fora Luca Fanelli seguindo unha maqueta ou uns planos de Brunelleschi (as modificacións posteriores desta obra serán obxecto doutra entrada en Iniciarte). Foi obra de Brunelleschi?


Basílica de san Lourenzo


A lóxica racional da Basílica de san Lourenzo de Florencia tampouco será obra de Brunelleschi? Parece ser que deseñou o edificio pero foi realizado tan só en parte baixo a súa dirección. Desde as primeiras compras dos solares pegados ao vello convento en 1418 ata finais de 1430 tan só fora construída a sancristía vella dos Médicis. Polo tanto pouco puideron ser os anos nos que traballaría neste edificio Bruneslleschi porto que, lembremos, morreu en 1446. Michelozzo e Manetti serían os que realmente traballaron no templo, mesmo modificando as propostas orixinais. Cando foi ergueito o corpo interior da igrexa, lembrada o que sempre foi considerado como o unha gran obra renacentista de Filipe, o noso arquitecto (?) xa levaba varios anos morto. Foi obra de Brunelleschi?


Bibliografía: "El legado de Filippo Brunelleschi". En Descubrir el arte, 125, pp.66-69.

7 comentarios:

manuel dijo...

Magnifica entrada, nos obliga a replantearnos de nuevo la imagen que tenemos de los artistas de otras épocas, sobre todo del renacimiento, superando las barreras un tanto artificiales de la historiografía y de los manuales tradicionales. Un saludo

Thorvaldsen dijo...

Era Tho-Tho-Thorvaldsen ta-ta-tatexo? Que-queda aí a miña dú-dúbida...

Antonio Martínez dijo...

Gracias por el comentario, Manuel.

PACO HIDALGO dijo...

Me dejas de piedra, Antonio. Tantos años explicando a Brunelleschi como primer arquitecto moderno, como ejemplo de aquitecto laico y renacentista, y según te he entendido (perdona mi mala galego), has desmontado obra a obra todos los trabajos de él, según Vasari y Argan. Prometo informarme y buscar más información, ya que lo desconocía. Saludos.

Sarinsky dijo...

Que fuerte me parece!!
Yo prefiero pensar que esas obras realmente son de Brunelleschi (como para cambiar ahora el chip...)

Saludos ;)

Javier Ridruejo dijo...

Ja, ja ... Estas son las entradas que me gustan.. Sugerentes, rompedoras, incluso conspirativas...genial Antonio...

Nes dijo...

A única que verdadeiramente está sendo cuestionada como obra de Brunelleschi é a Capella Pazzi, incluso hai quen apunta a Michelozzo. En Fiore si hai constancia e documentación da súa dirección de obra na cúpula, excepto a lanterna e pouco máis.

Interesantísimo o blog, coma sempre.