29/12/08

Santa Eulalia de Lubre (Ares, A Coruña)


Ademais deste blog, como xa saberedes, mateño outra afección: correr. O pasado domingo, e para celebrar unha san Silvestre, fun con algúns compañeiros do Club, (mal equipados pero ben alimentados) a participar na IV edición da Carreira de Fin de Ano Ares-Mugardos-Ares. No tempo de quecemento achegueime ata a pequena e fermosa igrexa de santa Eulalia de Lubre (Ares)

Obra de estilo gótico dos séculos XV-XVI, aínda que aparecen noticias da súa existencia desde 1134 (evidentemente: a estrutura é románica, a construción dos muros e contrafortes é románica, a torre é románica, a porta é románica). Planta rectangular cunha soa nave, que posúe tres tramos delimitados por arcos apuntados percorridos por baquetóns que continúan polas xambas e rematan nunha base común cilíndrica. Capela maior cuberta por bóveda estrelada de cinco claves, con nervos que descansan en columnas adosadas de esveltos fustes rematados en capiteis esculpidos con lixeiros relevos. En cada tramo da nave ábrese unha saetera. O espazo entre a nave e o presbiterio está delimitado por un arco apuntado. Aos pés da nave sitúase un coro alto de madeira. Sobriedade ornamental, destacando a presenza de lápidas coa Cruz de Calatrava. Exteriormente destacan os contrafuertes prismáticos. Cuberta a dúas e tres augas con cubrición de tella curva.

Aproveito o seguinte álbum para experimentar un novo recurso que, persoalmente, preparoume o querido e xeneroso Mago de Iniciarte.




Case todo o texto procede de Turgalicia.
As fotos son de Iniciarte.

4 comentarios:

Beni dijo...

Moi bonito todo, pero esqueciches contarnos como quedaches na carreira.

Antonio Martínez dijo...

Pois querido Beni, como vexo que non liches a crónica poblicada no blog do club (ligazón ao comezo da entrada), direiche que quedei coma un campeón: posto 22 cun ritmo de 3.43 minutos ao quilómetro.
Saúdos atléticos

Loly dijo...

Posto 22 de cantos???? (jejeje)
Vale, está ben, o ritmo foi boísimo... pero cantos inscritos???

Antonio Martínez dijo...

Pero que malos sodes... o tope de inscrición era de 400. Calcuro que poderíamos ser 300. Pero tranquis, en canto saian os resultadso encargareime persoalmente de informarvos.
Saúdos agotados (hoxe corrín moito)